PLAN DE LIMPEZA VIARIA E RECOLLIDA DE LIXO
O Concello de Vilagarcía de Arousa conta cun servizo de recollida de lixo e limpeza viaria co que evidencia o seu forte compromiso coa sostibilidade, apostando firmemente pola separación de residuos e pola implantación de innovadores métodos para a xestión eficiente da materia orgánica. Nesta liña, dá pulo tanto á instalación de colectores específicos como ao establecemento de boas prácticas, destacando a compostaxe.
Conseguir unha Vilagarcía máis limpa e sostible require da implicación de toda a ciudadanía, polo que o Concello avoga polo desenvolvemento dun ambicioso plan de sensibilización e información. O obxectivo é acadar o compromiso de todos e todas cun modelo de cidade centrado nunha xestión máis responsable do lixo e dos residuos domésticos e urbanos.
DESCUBRE OS COMELIXOS
GÚSTANLLE os envases e caixas de cartón, xornais, revistas, libros, folletos publicitarios, folios, sobres…
NON LLE GUSTAN os papeis sucios, papel de cociña usado, manteis ou panos de mesa.
GÚSTANLLE as botellas de vidro, tarros e frascos de conservas, salsas ou marmeladas.
NON LLE GUSTAN os tapóns das botellas e botes, cristal plano, fluorescentes e lámpadas, cerámica, botes de medicamentos, espello ou vidro armado.
GÚSTANLLE as bolsas, botellas e envases de plástico, latas de bebida ou de conserva, aerosois, bandexas de aluminio e briks.
NON LLE GUSTAN o papel, libros, envases de cartón xoguetes, vidro e outros desperdicios que non sexan envase.
GÚSTANLLE os restos de froita e verdura, restos de carne e peixe, cunchas de marisco ou froitos secos, restos de pan, restos de café e infusións, papel de cociña, restos de plantas, tapóns de cortiza…
NON LLE GUSTA a comida envasada, cueiros, compresas, bastonciños de algodón, cabichas e paquetes de tabaco, papel de aluminio, plásticos e envases, lixo, cabelos…
GÚSTANLLE os chicles, as máscaras, os cueiros, a louza, os restos do varrido do fogar, etc…
NON LLE GUSTAN os entullos, os residuos sanitarios ou perigosos, pequenos electrodomésticos ou residuos que vaian noutros colectores.
VOLUMINOSOS E OUTROS RESIDUOS
SERVIZO DE RECOLLIDA A DOMICILIO
A recollida de voluminosos, outros residuos, RESTOS DE PODA E VEXETAIS, farase previo aviso no 986 501 617*
Para todos aqueles residuos que, dado o seu tamaño, non poden depositarse nos puntos limpos móbiles (voluminosos, restos de poda), dispoñemos dun servizo de recollida a domicilio que abarca todo o concello de Vilagarcía.
- *É importante recordar que os residuos a recoller deben depositarse no horario indicado dende o servizo, xa que facelo noutro ou deixalos sen aviso previo pode carrexar sancións.
PUNTOS LIMPOS MÓBILES
Vilagarcía conta con varios puntos limpos móbiles nos que poden desbotarse:
- Aceite de cociña.
- Tóners e cartuchos de impresora.
- Radiografías.
- Cápsulas de café.
- Móbiles, tabletas, cargadores e auriculares.
- Pilas, baterías, CDs e DVDs.
- Aparellos electrónicos e informáticos.
- Pequenos electrodomésticos.
- Lámpadas e fluorescentes.
- Xoguetes de plástico duro.
- Envases de pintura e aerosois.
- Roupa e calzado.
- Material de escritura.
Luns (08:00h a 07:00h do día seguinte)
– PRAZA RAVELLA
– CASTROAGUDÍN (Fonte)
– GUILLÁN (Sta. María)
– TRAB. BADIÑA (Xardíns Carús)
Martes (08:00h a 07:00h do día seguinte)
– ROSALIA DE CASTRO (museo Ferrocarril)
– CARRIL (fronte Pz. Liberdade)
– TRAB. SARDIÑEIRA (Nsa. Señora dos Anxos)
– BAMIO (Campanario- Farmacia)
Mércores (08:00h a 07:00h do día seguinte)
– AV. RIVERO DE AGUILAR (rotonda)
– AS CAROLINAS (Rúa Florida)
– O VENTO (marquesiña bus)
– FAXILDE (Rúa San Martín)
Xoves (08:00h a 07:00h do día seguinte)
– O PIÑEIRIÑO (Rúa Gil Casal)
– CC AROUSA (Rúa López Cuevillas)
– ARALDE (Rúa Mestres Trigo e Pazos)
– RUBIÁNS (Casa da Cultura)
Venres (08:00h a 07:00h do día seguinte)
– VILAXOÁN (Pz. Rafael Pazos)
– VILABOA (Pz. Ribadevila)
– RENZA (Campo da Festa)
– SOLOBEIRA (O Sisto)
Sábado (08:00h a 23:00h)
– AV. RODRIGO MENDOZA (paseo)
– PRAZA DE GALICIA
– CORNAZO (Os Borrizos)
– A LAXE (Casa da Cultura)
PUNTO LIMPO DE PINAR DO REI
O Punto Limpo pode recibir calquera clase de refugallo, pero unicamente de particulares que estén empadroados en Vilagarcía de Arousa.
As empresas teñen a obriga de contar con xestores autorizados para os seus residuos de produción e, polo tanto, non está permitido que utilicen as instalacións municipais de Pinar do Rei.
Horario:
Luns
10:00 h a 14:00 h
Martes
10:00 h a 14:00 h
16:00 h a 20:30 h
Mércores
10:00 h a 14:00 h
Xoves
10:00 h a 14:00 h
16:00 h a 20:30 h
Venres
10:00 h a 14:00 h
Sábados
10:00 h a 14:00 h
16:00 h a 20:30 h
PLAN DE XESTIÓN DA MATERIA ORGÁNICA
O COLECTOR MARRÓN
O colector marrón intégrase dentro dun innovador programa de reciclaxe de refugallos orgánicos no que os vilagarciáns e as vilagarciás concienciados coa saúde do planeta e a sostibilidade do municipio vos comprometedes a separar e desbotar no seu interior as sobras de comida.
No colector habita unha exquisita comelixo chamada ORGANICARME, que devora a materia orgánica producindo, a cambio, un excelente fertilizante. Alimentar a esta sibarita criatura é un pequeño xesto para ti mais que, sen embargo, supón un grande avance para a mellora da xestión dos residuos no noso concello e para a evolución da reciclaxe. Se desexas contribuír ao coidado do medio e diminuír a túa pegada persoal de carbono… segue lendo!
Os restos depositados nos colectores marróns lévanse a unha planta especializada no tratamento desta tipoloxía de refugallos, pasando a se converter en compost destinado ao seu emprego como fertilizante natural.
CONSIGUE O TEU KIT DE VOLUNTARIO
Para que poidas colaborar na alimentación de ORGANICARME, o Concello farache entrega dun kit coa información correspondente e un caldeiro aireado para facilitarche a separación da materia orgánica no teu domicilio.
COMPOSTAXE COMUNITARIA
Queres reciclar a materia orgánica, reducir o volume de lixo que xeras e minimizar a contaminación e as problemáticas asociadas á xestión dos residuos? Vilagarcía conta con illas para a compostaxe comunitaria!
Máis información sobre compostaxe:
COMPOSTAXE INDIVIDUAL
Se dispós dunha parcela na túa vivienda, debes saber que o Concello cédeche un composteiro para facer o teu propio abono de xeito gratuíto. Cubre o formulario para solicitalo!
Lembra, ademais, que o Concello conta cun servizo de préstamo sen custo de biotrituradoras domésticas para os restos de poda de pequeno tamaño. Se fas compostaxe e precisas material estruturante, tamén podes conseguilo acudindo os venres de 13:00 horas a 15:00 horas aos baixos do Auditorio Municipal. Solicita este servizo no 617 675 091 ou escríbenos a compostaxe@vilagarcia.gal
As vantaxes da compostaxe son múltiples e cómpre recordalas:
- Actívase a economía circular, dado que os residuos convértense en compost reinseríndose no ciclo da vida.
- Obtense compost natural e de calidade apto para o seu emprego na horta, minimizándose a aplicación de fertilizantes químicos e pesticidas.
- Decrecen as emisións de CO e outros gases de efecto invernadoiro.
- Diminúe a contaminación do solo, dos leitos e dos acuíferos.
- Sitúa ao Concello de Vilagarcía de Arousa á vangarda de Galicia en materia de tratamento de refugallos e ao nivel doutras cidades europeas.
PORTA A PORTA DE PAPEL
E CARTÓN
O Concello puxo en marcha un novidoso sistema de recollida porta a porta para o cartón comercial. Así, os establecementos de Vilagarcía que desexen empregar o servizo deberán deposítalo pregado diante do seu local a partir das 19 horas de luns a sábado.
Se es un comercio e queres facer uso deste servizo, chámanos ao 986 501 617
RECOLLIDA ACEITE USADO
Deposita o teu aceite de cociña usado nos colectores da rúa, lembra que debe depositarse en botella de plástico e non de vidro, e que o aceite de motor debe depositarse no Punto Limpo.
Podes recoller un funil de balde na Casa do Concello ou no Auditorio Municipal.
Lembra! O aceite de cociña usado, de latas e outros comestíbeis, contamina, obstrúe canalizacións e provoca graves problemas nas depuradoras. Separando este residuo protexemos o medioambiente, e ademais aproveitámolo como recurso para producir bio diésel e outros produtos.
RECOLLIDA TÉXTIL
Deposita o téxtil (roupa, calzado, etc) do que te queiras desfacer nos colectores da rúa, lembra que este material debe depositarse limpo e en bolsa de plástico pechada.
Separando este residuo podemos preparar para reutilización o que está en bo estado ou reciclar a fibra para a fabricación de novos produtos, aproveitando recursos, criando emprego de inserción social e protexendo o ambiente.