Previous slide
Next slide

PLAN DE LIMPEZA VIARIA E RECOLLIDA DE LIXO

O Concello de Vilagarcía de Arousa conta cun servizo de recollida de lixo e limpeza viaria co que evidencia o seu forte compromiso coa sostibilidade, apostando firmemente pola separación de residuos e pola implantación de innovadores métodos para a xestión eficiente da materia orgánica. Nesta liña, dá pulo tanto á instalación de colectores específicos como ao establecemento de boas prácticas, destacando a compostaxe.

Conseguir unha Vilagarcía máis limpa e sostible require da implicación de toda a ciudadanía, polo que o Concello avoga polo desenvolvemento dun ambicioso plan de sensibilización e información. O obxectivo é acadar o compromiso de todos e todas cun modelo de cidade centrado nunha xestión máis responsable do lixo e dos residuos domésticos e urbanos.

DESCUBRE OS COMELIXOS

GÚSTANLLE os envases e caixas de cartón, xornais, revistas, libros, folletos publicitarios, folios, sobres…

NON LLE GUSTAN os papeis sucios, papel de cociña usado, manteis ou panos de mesa.

GÚSTANLLE as botellas de vidro, tarros e frascos de conservas, salsas ou marmeladas.

NON LLE GUSTAN os tapóns das botellas e botes, cristal plano, fluorescentes e lámpadas, cerámica, botes de medicamentos, espello ou vidro armado.

GÚSTANLLE as bolsas, botellas e envases de plástico, latas de bebida ou de conserva, aerosois, bandexas de aluminio e briks.

NON LLE GUSTAN o papel, libros, envases de cartón xoguetes, vidro e outros desperdicios que non sexan envase.

GÚSTANLLE os restos de froita e verdura, restos de carne e peixe, cunchas de marisco ou froitos secos, restos de pan, restos de café e infusións, papel de cociña, restos de plantas, tapóns de cortiza…

NON LLE GUSTA a comida envasada, cueiros, compresas, bastonciños de algodón, cabichas e paquetes de tabaco, papel de aluminio, plásticos e envases, lixo, cabelos…

GÚSTANLLE os chicles, as máscaras, os cueiros, a louza, os restos do varrido do fogar, etc…

NON LLE GUSTAN os entullos, os residuos sanitarios ou perigosos, pequenos electrodomésticos ou residuos que vaian noutros colectores.

VOLUMINOSOS E OUTROS RESIDUOS

SERVIZO DE RECOLLIDA A DOMICILIO

A recollida de voluminosos, outros residuos, RESTOS DE PODA E VEXETAIS, farase previo aviso no 986 501 617*

Para todos aqueles residuos que, dado o seu tamaño, non poden depositarse nos puntos limpos móbiles (voluminosos, restos de poda), dispoñemos dun servizo de recollida a domicilio que abarca todo o concello de Vilagarcía.

PUNTOS LIMPOS MÓBILES

Vilagarcía conta con varios puntos limpos móbiles nos que poden desbotarse:

  • Aceite de cociña.
  • Tóners e cartuchos de impresora.
  • Radiografías.
  • Cápsulas de café.
  • Móbiles, tabletas, cargadores e auriculares.
  • Pilas, baterías, CDs e DVDs.
  • Aparellos electrónicos e informáticos.
  • Pequenos electrodomésticos.
  • Lámpadas e fluorescentes.
  • Xoguetes de plástico duro.
  • Envases de pintura e aerosois.
  • Roupa e calzado.
  • Material de escritura.

Luns (08:00h a 07:00h do día seguinte)

– PRAZA RAVELLA

– CASTROAGUDÍN (Fonte)

– GUILLÁN (Sta. María- Capela)

– TRAB. BADIÑA (Xardíns Carús)

Martes (08:00h a 07:00h do día seguinte)

– ROSALIA DE CASTRO (museo Ferrocarril)

– CARRIL (fronte Pz. Liberdade)

– TRAB. SARDIÑEIRA (Nsa. Señora dos Anxos)

– BAMIO (Campanario- Farmacia)

Mércores (08:00h a 07:00h do día seguinte)

– AV. RIVERO DE AGUILAR (rotonda)

– AS CAROLINAS (Rúa Florida)

– O VENTO (marquesiña bus)

– FAXILDE (Rúa San Martín)

Xoves (08:00h a 07:00h do día seguinte)

– O PIÑEIRIÑO (Rúa Gil Casal)

– CC AROUSA (Rúa López Cuevillas)

– ARALDE (Rúa Mestres Trigo e Pazos)

– RUBIÁNS (Casa da Cultura)

Venres (08:00h a 07:00h do día seguinte)

– VILAXOÁN (Pz. Rafael Pazos)

– VILABOA (Pz. Ribadevila)

– RENZA (Campo da Festa)

– SOLOBEIRA (O Sisto)

Sábado (08:00h a 23:00h)

 – AV. RODRIGO MENDOZA (paseo)

– PRAZA DE GALICIA

– CORNAZO (Os Borrizos)

– A LAXE (Casa da Cultura)

PUNTO LIMPO DE PINAR DO REI

O Punto Limpo pode recibir calquera clase de refugallo, pero unicamente de particulares que estén empadroados en Vilagarcía de Arousa.

As empresas teñen a obriga de contar con xestores autorizados para os seus residuos de produción e, polo tanto, non está permitido que utilicen as instalacións municipais de Pinar do Rei.

Horario:

Luns

10:00 h a 14:00 h

Martes

10:00 h a 14:00 h
16:00 h a 20:30 h

Mércores

10:00 h a 14:00 h

Xoves

10:00 h a 14:00 h
16:00 h a 20:30 h

Venres

10:00 h a 14:00 h

Sábados

10:00 h a 14:00 h
16:00 h a 20:30 h

PLAN DE XESTIÓN DOS BIORRESIDUOS

ALIMENTA ORGANICARME: SEPARA A MATERIA ORGÁNICA, COMPOSTA E APROVEITA O MELLOR FERTILIZANTE!

As sobras das comidas, cascas de froitas e verduras, pousos de café e infusións, restos de peixe e carne etc., son facilmente transformados nun fertilizante natural chamado compost!

Participa nunha das tres modalidades de separación e reciclaxe dos biorresiduos que se están a desenvolver no Concello de Vilagarcía e, ademais de coidar o medio ambiente, aforras na taxa do lixo!


O COLECTOR MARRÓN

 

Nas zonas urbanas do concello existen colectores de cor marrón con acceso restrinxido para garantir unha correcta separación dos biorresiduos. Para empregalo, só tes que separar previamente os residuos orgánicos e achegalos ao contedor en bolsas compostables fechadas. O Concello farache entrega dun kit coa información correspondente, da tarxeta electrónica para apertura do contedor e dun caldeiro e bolsas compostables para facilitarche a separación dos biorresiduos no teu domicilio ou establecemento.

Os restos depositados nos colectores marróns lévanse a unha planta especializada no tratamento desta tipoloxía de refugallos, pasando a se converter en compost destinado ao seu emprego como fertilizante natural.

COMPOSTAXE COMUNITARIA

Nas zonas periurbanas e outras onde sexa necesario, estase estendendo a compostaxe comunitaria, onde se xestionan os residuos orgánicos de forma sostible e sen necesidade de transporte. Nestes centros podes depositar os biorresiduos a granel, sen bolsa, e deseguido tapar co estruturante (madeira triturada). Ademais poderás recoller o compost que necesites para a túa horta ou xardín. O persoal técnico municipal encárgase de controlar o proceso e de que todo funcione correctamente.

Máis información sobre compostaxe:

COMPOSTAXE INDIVIDUAL

 Para a zona rural do municipio e, en xeral, vivendas ou establecementos que dispoñan de terreo, o Concello cede gratuitamente composteiros e materiais complementarios para que cada persoa poida reciclar os seus biorresiduos e obter o seu propio fertilizante de forma sinxela e ecolóxica. Os técnicos municipais encárganse de dar formación, resolver dúbidas e facer seguimento desta compostaxe doméstica.

Lembra, ademais, que o Concello conta cun servizo de préstamo sen custo de biotrituradoras domésticas para os restos de poda de pequeno tamaño (< 4 cm). Se fas compostaxe e precisas material estruturante, tamén podes conseguilo acudindo os venres aos baixos do Auditorio Municipal (inverno 13.00 a 15.00 h – verán 13.00 a 14.00 h).

Máis información sobre compostaxe:

PORTA A PORTA DE PAPEL
E CARTÓN

O Concello puxo en marcha un novidoso sistema de recollida porta a porta para o cartón comercial. Así, os establecementos de Vilagarcía que  desexen empregar o servizo deberán deposítalo pregado diante do seu local a partir das 19 horas de luns a sábado.

Se es un comercio e queres facer uso deste servizo, chámanos ao 986 501 617

RECOLLIDA ACEITE USADO

Deposita o teu aceite de cociña usado nos colectores da rúa, lembra que debe depositarse en botella de plástico e non de vidro, e que o aceite de motor debe depositarse no Punto Limpo.

Podes recoller un funil de balde na Casa do Concello ou no Auditorio Municipal.

Lembra! O aceite de cociña usado, de latas e outros comestíbeis, contamina, obstrúe canalizacións e provoca graves problemas nas depuradoras. Separando este residuo protexemos o medioambiente, e ademais aproveitámolo como recurso para producir bio diésel e outros produtos.

RECOLLIDA TÉXTIL

Deposita o téxtil (roupa, calzado, etc) do que te queiras desfacer nos colectores da rúa, lembra que este material debe depositarse limpo e en bolsa de plástico pechada.

Separando este residuo podemos preparar para reutilización o que está en bo estado ou reciclar a fibra para a fabricación de novos produtos, aproveitando recursos, criando emprego de inserción social e protexendo o ambiente.

ACHEGA AS TÚAS SUXESTIÓNS

Ti, como cidadán, e nós, como Concello, temos a obriga de transitar pola senda da sostibilidade en Vilagarcía. Por iso, queremos coñecer a túa opinión cara a mellorar o servizo. Fainos chegar as túas suxestións a través deste formulario!